Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo 2019


  • CESGA ICTS

Blockchain.gal organiza un relatorio sobre Lightning Network no CESGA

 0 voto(s)

Martes 19/02/2019 11:26

Nova: Blockchain.gal organiza un relatorio sobre Lightning Network no CESGA

Este xoves, 21 de febreiro, ás 18:30 horas a comunidade Blockchain.gal organiza no CESGA un relatorio sobre a solución de escalabilidade, Lightning Network.

Blockchain.gal é unha comunidade que ten como obxectivo divulgar as tecnoloxías relacionadas coas redes blockchain e o seu impacto na sociedade. Aínda que a iniciativa comeza a organizar eventos en Santiago de Compostela en xaneiro do ano 2018, na actualidade tamén organízanse eventos noutras cidades galegas como Vigo ou A Coruña.

Os eventos que organiza son tanto de carácter divulgativo como técnicos, como o último realizado o pasado 17 de xaneiro no CESGA. O contido dos eventos non sempre é estritamente tecnolóxico, senón que tamén se tratan outros temas relacionados como son os aspectos legais e fiscais.

Ademais dos eventos organizados e as posteriores sesións de networking, as redes sociais xogan un papel fundamental na comunidade Blockchain.gal. En especial o grupo de Telegram, con máis de 130 participantes. Esta canle converteuse nun lugar magnífico para estar ó día das últimas noticias e avances da tecnoloxía, así como para participar nos múltiples debates que xorden constantemente entre os membros da comunidade.

O obradoiro do día 17 de xaneiro orientouse a un público fundamentalmente técnico e contaba con dúas seccións principais: unha introdución teórica ás tecnoloxías blockchain e unha demostración práctica sobre as posibilidades dos smart contracts. A primeira parte serviu de motivación para presentar e xustificar a nivel técnico as principais fortalezas das tecnoloxías blockchain. Na parte práctica do obradoiro sobre desenvolvemento de contratos intelixentes amosouse como programar, despregar e interactuar con este tipo de aplicacións distribuídos a través de exemplos cos principais casos de uso actuais: dende un rexistro de dereitos de autor até unha aplicación para almacenar evidencias para garantir a trazabilidade de produtos durante a cadea de subministro. As aplicacións despregáronse sobre a plataforma Ethereum e desenroláronse coa súa linguaxe de programación propia: Solidity, que foi introducida tamén durante o obradoiro.

Foi especialmente destacable o número de asistentes para o sentido estritamente técnico do obradoiro e o seu interese, manifestándose unha interacción constante por parte do público.

De cara o futuro Blockchain.gal espera seguir colaborando con institucións de peso no sector tecnolóxico como o CESGA, que lle permitan difundir a tecnoloxía a públicos cada vez máis amplos e medrar a comunidade técnica de Galicia. Entre os seus obxectivos a curto e medio prazo están a organización de eventos de maior envergadura como hackatóns, xornadas de divulgación ou congresos.

Rexistro en: https://secure.meetup.com/es-ES/register/?ctx=ref

Valorar: