Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Xulio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS

¿Poden desaparecer os peixes do mar?

Nova: ¿Poden desaparecer os peixes do mar?

 8 voto(s)

Luns 17/09/2018 09:20

O bacallau do Atlántico chegou a extinguirse nos anos noventa. Perdéronse 40.000 empregos. Para evitar a sobreexplotación pesqueira, a Comisión Europea decide cada ano as cotas de pesca permitidas para cada especie. E faino en base aos cosellos dos científicos. Un equipo do Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía (ICMAN) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) co soporte do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), implementou o modelo matemático que permite describir o estado da anchoa no Golfo de Cádiz e prognosticar o seu futuro. Este traballo foi validado polo comité europeo de expertos que achega a visión científica aos políticos para asesorar ao Parlamento Europeo.

En 2006 a anchoa do Cantábrico estivo ao borde da extinción. A frota só capturara 720 toneladas fronte ás 4.500 de media nunha campaña habitual. Un equipo de científicos do País Vasco revelou que a poboación alcanzara un mínimo histórico y estaba en risco de colapso. Douscentos barcos que vivían naquel momento da pesquería deixaron de faenar. O caso do bacallau no Atlántico, en Canadá, foi incluso máis grave: desapareceu do mapa mariño e 40.000 persoas perderon o seu traballo.

As pesquerías poden esgotarse. Cando a actividade pesqueira non respecta a capacidade de reprodución das especies nin os efectos do medio ambiente ten lugar a sobreexplotación. “A nosa función é atopar o balance entre o económico e o ambiental. Hai moitas familias que dependen da pesca. Non podemos saber cantos peixes hai no mar porque é inabarcable pero si podemos facer aproximacións matemáticas”, conta Margarita Rincón, investigadora do Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía (ICMAN-CSIC).

Os modelos matemáticos son a ferramenta para calcular a cantidade de peixes e debuxar un mapa do estado de cada pesquería. É a fonte de datos imprescindible para que as institucións políticas regulen a pesca de cada especie, garantizando que sexa sostible. Consiste en asegurarse de deixar un número de individuos que se reproduzca con éxito para a seguinte tempada, e que, ao mesmo tempo, a actividade sexa rendible para o sector pesqueiro. En definitiva, coidar a materia prima a través dun sistema de cotas de pesca que cada ano decide a Comisión Europea.

Deseño da solución matemática

O Grupo de Oceanografía de Ecosistemas do Departamento de Ecología y Gestión Costera do ICMAN-CSIC, formado por unha ducia de científicos, logrou deseñar o modelo matemático para a anchoa do Golfo de Cádiz elixido para formular as súas valoracións polo Consejo Internacional para la Exploración del Mar (CIEM o ICES), o comité europeo de expertos que asesora cientificamente ao Parlamento Europeo. A cota desta pesquería do sur decidirase en base aos cálculos probados polo equipo especializado en asesoría para a xestión da pesca.

¿Como crearon un modelo capaz de debuxar a situación actual da pesquería cruzando miles de datos e de realizar previsións de futuro? A través da supercomputación. “Sen os servizos do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) sería imposible. Cada proba do modelo precisa catro horas de cálculo a máxima velocidade. Nun ordenador normal sería infinitamente máis. Quizais unha operación imposible de realizar. Cada vez que cambio un parámetro nun modelo ábrense moitas posibilidades e hai que realizar un cómputo simultáneo”, expresa Rincón.

A versión elixida polo ICES é a número 59. “Para chegar ao modelo final houbo 58 modelos previos, coas horas de supercómputo que conleva. Cada un consta dunhas celas por idades e por tallas, dende unha poboación inicial estimada. A isto hai que ir engadindo a taxa de crecemento, a mortandade natural por pesca, a taxa de reprodución… e ir completando as celas. A actualización permite ver a evolución da pesquería e atopar os mellores parámetros para que a cantidade de individuos estimada (de anchoa) sexa consistente con toda a información que se posúe para predicir o que ocorrerá no futuro”, engade a científica.

Á capacidade de cálculo para sentar as bases do modelo únese a seguridade que achega o Centro de Supercomputación de Galicia, segundo Rincón. “Imaxínate que no medio dunha operación de cálculo marcha a luz e perdo todos os meus resultados, sería un desastre! Co CESGA iso non vai ocorrer e para traballar neste tipo de proxectos é imprescindible”, expresa.

E como os peixes non se poden contar un a un, ¿de onde saen os datos sobre a pesquería para nutrir os modelos e contrastar as estimacións? De dúas fontes: das capturas rexitradas polos propios pescadores do Golfo de Cádiz e das campañas oceanográficas que realiza o Instituto Español de Oceanografía. Os científicos, a través dunha ecosonda, delimitan unha zona e capturan pequenas cantidades de anchoa (neste caso) para medir tamaño, peso, madurez e idade dos peixes.

O vento, un parámetro fundamental

¿Que ocorre se na predición da pesca se inclúen datos do efecto do vento de Levante, as correntes ou a temperatura? Que se poden avaliar diferentes escenarios, entre eles o posible efecto do cambio climático, e o modelo mellora. A través do proxecto europeo MareFrame, no que participa como socio o CESGA, este equipo de investigadores foi capaz de simular distintas situacións nas que se pesca máis e menos. O vento é o factor que produce unha maior variabilidade no tamaño da poboación.

“O vento arrastra aos xuveniles a zonas de correntes onde lles é difícil sobrevivir. Fan as postas preto da desembocadura do Guadalquivir, rica en nutrientes. Cando chove moi poco a súa mortandade é maior”, expresa Margarita. Se se reduce a pesca cando hai ventos fortes no verán a actividade pesqueira sería máis estable, engade. Ademais dos parámetros da pesquería, o grupo simula situacións nas que se pesca máis, nas que o beneficio é máis duradeiro, mide o número de traballos en risco, o custo do seguro ou o perigo de colapso da pesquería.

As autoridades europeas transmitirán agora a través deste modelo a cota de anchoa no Golfo de Cádiz axeitada para a próxima campaña, unha pesquería que reporta capturas anuais por encima dos 13 millóns de euros. O modelo elaborado polo ICMAN-CSIC co apoio do CESGA sintetiza, para iso, o ciclo de vida dos peixes “tendo en conta a influencia do ecosistema e o efecto da pesca”. A fórmula matemática converte ecuacións en beneficios para a sociedade e o coidado do medio ambiente.

Valorar: