Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Xulio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS
Filtrar por ano:
CESGA

Venres 15/06/2018 11:01

Nova: Obradoiro gratuito: Mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe

O Cesga organiza, co CPI O Cruce, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Educación da USC, un obradoiro práctico de nivel básico o día 9 de xullo dirixido a docentes e persoas relacionadas co ensino, cos seguintes contidos:

  • Introdución ao SIX (Sistemas de Información Xeográfica): mapas, estándares, etc.
  • Os dispositivos móbiles e as súas capacidades de localización e captura de datos
  • A app educativa gratuita de PhenoloGIT (www.phenologit.org) e o servidor de mapas (http://maps.phenologit.org) : recollida en tempo real de datos sobre especies naturais por parte de estudantes
  • Análise e filtrado da información recollida para o traballo na aula
  • Aplicacións e exemplos de actividades a desenvolver na aula cos datos obtidos
  • As ferramentas de uso para a aula: creación e xestión de contas de alumnado e profesorado
  • Posibilidades avanzadas. O uso de software libre de análise: QGis

O obradoiro terá 2:30 horas de duración, e haberá 2 quendas de 15 plazas cada una (9:00-11:30 e 12:00-2:30) polo que é necesario rexistrarse enviando un email a e-learning@cesga.es

Toda a información sobre o obradoiro pode descargarse nesta ligazón.

Nova completa

CESGA

Venres 01/06/2018 12:13

Seguindo co noso compromiso pola calidade e eficiencia do servizo, acabamos de engadir a certificación ISO50001:2011 de eficiencia energética ao sistema de xestión integrado de calidade. Esta certificación do sistema energético asegura o control e seguimiento sistemático dos aspectos energéticos e mellóraa continua do desempeño energético, contribuíndo así a un uso da enerxía máis eficiente e máis sostenible, e reducindo o impacto medioambiental.

Debido ao alto consumo energético dos sistemas de supercomputación albergados no CESGA, levamos máis de 10 anos traballando para mellóraa da eficiencia energética, mediante a implantación dun plan de eficiencia e mellora energética con máis de 30 medidas levadas a cabo durante este período que permitiron reducir o consumo en máis dun 63% entre os anos 2009 e 2017, Para conseguir este obxectivo contamos coa axuda do centro tecnolóxico Energylab que nos acompañou durante as fases iniciais do proxecto ata a obtención da certificación.

Nova completa

Cursos e eventos

Martes 29/05/2018 17:23

O CESGA organiza un curso sobre a Optimización e profiling de aplicacións usando ferramentas de Intel, o obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumno un adestramento básico no uso das ferramentas de Intel destinadas á depuración e optimización de código secuencial e paralelo. As ferramentas que se estudarán neste curso son: Intel Advisor, Intel Inspector, Intel VTune, e Intel Trace Analyzer and Collector, todas elas dispoñibles para os usuarios do CESGA dentro do Supercomputador Finisterrae II.

Celebrarase os días 5, 6 e 7 de xuño en horario de 9:00h a 14:00h, no CESGA

PROGRAMA || REGISTRO

Nova completa

Cursos e eventos

Martes 29/05/2018 17:21

O CESGA organiza un curso sobre Optimización e profiling de aplicaciones HPC usando herramientas libres, é o obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumno un adestramento básico no uso das distintas ferramentas existentes no mundo do Software Libre destinadas á análise, depuración e optimización de código secuencial e paralelo.

Entre as ferramentas que se estudarán neste curso destacan as desenvolvidas no BSC (Barcelona Supercomputing Centre), Paraver, Extrae e Dimemas, ademais de ferramentas clásicas moi útiles para o profiling e a optimización como gprof ou callgrind/valgrind, todo iso sobre os compiladores GNU.

Celebrarase o 12, 13 e 14 de xuño en horario de 9:00h a 14:00h. en el CESGA.

PROGRAMA || REXISTRO

Nova completa

Cursos e eventos

Venres 04/05/2018 10:29

El Taller está dirigido a usuarios del FinisTerrae II o usuarios de otros entornos de computación familiarizados con los entornos de computación de altas prestaciones y el uso de las colas, para que puedan alcanzar un conocimiento más profundo de la utilización de los equipos y poder aprovechar mejor las herramientas disponibles.

Tendrá lugar el día 30 de Mayo en horario de mañana y tarde de 11:00h a 14:00h y 16:00h a 18:00h en la Sala I del Edificio Miralles, Campus Universitario de Vigo.

CONTENIDO || REGISTRO

Nova completa

1230 novas