CESGA dispón de infraestruturas avanzadas destinadas a incrementar a capacidade investigadora e tecnolóxica da comunidade científica e a industria. A alta calidade das infraestruturas dispoñibles, así como a súa singularidade no conxunto do Estado Español, motivaron o recoñecemento da instalación como Infraestuctura Científico Tecnolóxica Singular de España (ICTS). As infraestruturas máis significativas están destinadas a proporcionar grandes potencias de cálculo computacional en contornas cientifico-tecnolóxicos por medio de diferentes arquitecturas, así como as redes avanzadas de comunicacións que permiten á comunidade científica-tecnolóxica galega acceder ás redes académico-cientificas nacionais e internacionais por medio de grandes anchos de banda. Existen tamén outras infraestruturas relacionadas coas tecnoloxías da información que porporcionan unha ampla variedade de servizos complementarios.
As infraestructuras para I+D+i xestionadas polo CESGA foron financiadas por: Xunta de Galicia, Consello Superior de Investigacións Científicas, Ministerio de Economía e Competitividade e Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.