Na área de Ciencias do Océano, as aplicacións da Ciencia Computacional son numerosas e variadas, xa que corresponden a unha disciplina cunha ampla gama de obxectivos, que inclúen o cambio climático, a economía social
da pesca, a acuicultura, ou o estudo dos ecosistemas mariños.
Os modelos Oceanográficos poden utilizarse para estudar:
- Previsión: Os modelos de Ciencia Computacional poden utilizarse para prognosticar as variábeis físicas (temperatura, salinidade, velocidade - p.ex., correntes - do océano) que poden usarse para predecir outros resultados, como poden ser os datos biolóxicos.
- Cambio Climático: A evidencia do cambio climático en ecosistemas mariños e terrestres, o estudo do seu impacto, e o desenvolvemento de plans de adaptación ao mesmo.
- Contaminación: Orixinada pola actividade humán (transporte marítimo, actividades industriais, residuos urbanos, etc.) e contaminación orixinada por episodios de fitoplacton tóxico.
- Outras áreas económicas como pesca, acuicultura, enerxía, etc
A investigación no CESGA está centrada, en colaboración con outras institucións como IEO, Meteogalicia ou Puertos del Estado , e LABSIS, na execución operativa de modelos oceanográficos, e a adaptación de aplicacións oceanográficas como ROMS. Tamén no desenvolovmento de portais para a comunidade investigadora na área.