Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

Ficha de proxecto

Boats4Schools - Boats4Schools

Periodo:01/10/2017 - 31/03/2020 (30 meses).

Entidad financiadora: Comisión Europea

O proxecto Boats4Schools ten como obxectivo desenvolver unha metodoloxía educativa e divertida que consega que @s estudantes do ensino medio de entre 12 a 17 anos comprendan a importancia da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM), como camiño do seu futuro, engadindo as habilidades relacionadas co Arte para habilidades puramente técnicas: STEAM. O proxecto buscará crear unha experiencia educativa emocionante e retadora que implique que alumn@s de 12 a 17 anos, traballando en equipos, construan un barco en miniatura con regras fixas, como emprego de enerxía sostible, ou materiais compostos, e ao facelo, se poñan en contacto e aprendan diversas tecnoloxías como o modelado 3D, a manufactura aditiva, fabricación na nube, ferramentas de enxeñería informática, ferramentas CAD, innovación, deseño e creatividade.

BarcoOs obxectivos estratéxicos de Boats4Schools son:

- espertar o interese de l@s mozos sobre futuras carreiras no STEM e promover o seu entusiasmo para aprender nestas áreas.

- Ofrecer aos alumnos do ensino medio a oportunidade de contactar co contido práctico de STEAM dun xeito divertido e educativo.

- Para informar e motivar os profesores e orientadores educativos para orientar a carreiras STEM destacando as oportunidades dispoñibles no mercado de traballo.

- Afrontar o problema das baixas taxas de sistencia en matemáticas, enxeñería e outras ciencias aplicadas mediante o emprego de métodos de ensino máis eficaces e innovadores.