O servizo de horas de calculo ofrece a posibilidade de executar aplicacións nos servidores de calculo do centro. Para iso utilízase o sistema de colas instalado nos equipos e os usuarios con conta de acceso aos servidores poden facer uso do sistema de colas para enviar as súas simulacións.
Podra solicitarse este servizo a través do formulario de alta de usuarios (tamén dispoñible a través do enlace Formularios de Solicitude dentro da sección de Soporte Usuario). Unha vez enviado o formulario de solicitude do servizo, enviarémoslles as instrucións para conectarse aos servidores de calculo, asi como os datos da súa conta de usuario.
Este servizo ten un coste orientativo de 10 céntimos por hora de núcleo, dependiendo da configuración específica en cada caso. O coste final do servizo variará en función da cantidade de CPU/core consumidas e do soporte técnico requerido. Os investigadores do CSIC e as universidades galegas poderán acceder ao servizo sen coste asociado.
Na seguinte ligazón descríbese a política de uso aceptable que todo usuario do servizo debe cumprir